La voz de Galicia

Nun recuncho de Galicia,
eu nacín e tamén crieime,
con tristura e ledicia,
que xa máis esquecerei.

Terriña de campos verdes,
de montes e grandes prados,
as túas cores son un regalo,
non podo vivir sen verte.

Así, cos nosos montes dourados,
para onde ía eu de rapaza,
pola mañá cedo e descalza,
levando a pacer o noso gando.
por aqueles carreiros de pedras…
saltando ós toxos é- o- orballo.

Xa aquela tardiña baixaba…
e comezan os grilos a cantar,
tamén eu, o cuco escoitaba,
en algún que outro piñeiral.

As andoriñas aniñaban…
no faio do curral do meu fogar,
carrexaban nos- garabullos,
e tamén lama do noso val!,
para unha cama de parrulos.
máis ben un apousento nuncial.

A terra donde eu nacín,
e onde brinquei de rapaza,
sen vela non me sinto feliz, ,
e sinto grande lembranza.

Eu xa quería ser pombiña
que polo aire voase,
e calquera día de tardiña,
naquel lugar se pousase.
pois da-lo sinto morriña
e choro a miña saudade.

Sinto morriña da mi terra máxica,
do meu lugar, daquel regueiriño
onde de meniña eu xogaba ca- auga.

Ai! aquela fonte do regueiro…
auga que danzaba e cantaba…
enchíase os pozos lameiros
para regar nosos herbeiros,
e tamén as veigas de patacas.

Galicia terra de meigas,
bela doce e encantada,
se lonxe de ti morrera,
eu quero que aquí me traian.

Que o meu corpo se queime,
que as miñas cinzas espraian,
no curutiño daquel monte
onde vin nacer o sol de rapaza,
e poñerse o carón da noite.
!Si! Na miña terriña en xebre.

Que as miñas cinzas voen no vento,
onde perpetúan o amor dos soños
e sinta a paz infinita do fondo do val,
ó- correr é murmurar do río pequeno.

E no alto do monte ver a poeira do sol,
e sentir brincar a auga do noso regueiro,
cando a tarde xa derruba e adormece,
e esquece no tempo ese que xa parou.
Nun último suspiro buscado- seu lugar,
pois a noite xa non ten presa nin alento.

Ai! Miña terra… miña xoia…
que ven mereces…sen presa ser vista,
e camiñar por o teu lar…nos carreiros
entre as pedras, esas que fan viaxar,
no tempo, en que o apuro non exista,
nin pro- caso tiña urxencia.
Un tempo, en que a vida tiña harmonía,
e as noites… as noites non tiñan perigo,
alegres coma unha caricia,
o día nacía en calma, esa calma meiga…
desta terra encantada Galicia!
Que sen esforzo sigue sendo ela mesma,
por os séculos dos séculos. Amen.

20130725-185419.jpg

Un comentario en “La voz de Galicia

Deja un comentario